Mantén a túa pel radiante cunha hidratación profunda grazas ás nosas cremas, xeles e locións de áloe vera, especialmente indicadas para o coidado de peles con doenzas ou irritacións. A nosa selección inclúe tamén os tradicionais xabóns de Alepo e xeles de baño naturais, formulados para limpar con suavidade sen alterar a barreira cutánea e sen deterxentes sintéticos.
En Herboristería Saúde contamos con liñas de cosmética vegana certificada e cunha sección adicada á cosmética masculina, con cremas hidratantes e aftershaves que respectan a pel do home. Ademais, ofrecemos produtos específicos con caléndula, ingrediente estrela polo seu efecto calmante en peles sensibles e no coidado diario de bebés.
Ofrecemos unha alternativa saudable e respectuosa para a hixiene feminina diaria. Dispoñemos dunha coidada selección de compresas de algodón ecolóxico e copas menstruais, deseñadas para evitar o contacto con plásticos e branqueadores químicos. É a opción ideal para unha hixiene íntima segura, que protexe o teu corpo e reduce o impacto ambiental.
Trata as afeccións da pel de xeito natural co poder da colmea. Os nosos produtos con própole, mel e xelea real son aliados fundamentais para aliviar os síntomas de eccemas e rosácea. Estes derivados das abellas actúan como rexeneradores e antisépticos naturais, proporcionando un alivio eficaz e duradeiro para as peles que precisan un coidado extra.