Entre os produtos ofertados na Herboristería Saúde (cereais para o almorzo, galletas, pastas, snacks...) contamos cun servizo semanal de pan fresco natural e tamén sen glute, feito con fariñas ecolóxicas integrais de trigo, centeo, espelta, kamut, e dispoñible tamén sen glute: trigo sarraceno, avea, arroz... Pan de fermentación lenta, de 24 ou 48 horas e masa nai.
Podes recoller o teu pan fresco por encargo e disfrutar das súas grandes cualidades e sabor sempre que queiras. Ademais, ofrecemos tamén todo tipo de fariñas ecolóxicas en formato de 1 Kg, 5 Kg ou 25kg, así como levaduras para pan ou repostería e múltiples produtos sen glute. Ven a preguntarnos!